jueves, 4 de marzo de 2010

A Marimba

É un instrumento de percusión, moi parecido ao xilófono. A súa orixe é descoñecida, xa que para algúns procede de África, para outros de Indonesia, e para outros, do Amazonas. O seu teclado está formado por placas de madeira, de diferentes tamaños, ordenados de maior a menor ( de grave a agudo). Estas placas de madeira precisan dunha caixa de resonancia que amplifique o son e unhas baquetas para poder percutilo. Nós, na aula, cando tocamos os instrumentos de placas, empregamos como moito, dúas baquetas, pero os percusionistas que tocan a marimba, chegan a empregar máis de unha en cada man. 

MARIMBA AFRICANA



MARIMBA DE ORQUESTRA






0 comentarios: