miércoles, 20 de octubre de 2010

This is Halloween

Como estes últimos anos imos facendo no cole de Asados, na aula de música poñemos en marcha as nosas dotes creativas para compoñer a que será a nosa canción do Samaín. Este ano fixemos unha adaptación do musical de Tim Burton " Nightmare Before Christmas". Polo de agora deixamos a letra, porque aínda estamos ensaiando para o día da festa.


ISTO É SAMAÍN

Aquí chega o samaín
Outro ano xa está aquí
Moitos contos te asustarán
E co medo no corpo irás

As cabazas adornarás
Esta noite alumearán
Pesadelos para durmir
Todo isto é Samaín

Isto é Samaín, Isto é Samaín
Unha festa de medo e mortos
Isto é Samaín, é un día de terror
Samaín! Samaín! Samaín! Samaín!

Escoitade con atención
Sen terror non hai emoción
Xunto a ti eu son moi feliz
Asustándote en Samaín

Nesta escola que é meu fogar
Os difuntos vou celebrar
Este é un día moi especial
Todos xuntos imos berrar

Isto é Samaín, Isto é Samaín
Unha festa de medo e mortos
Isto é Samaín, é un día de terror
Samaín! Samaín! Samaín! Samaín!

LA,LA,LA-LA,LA,LA-LA,LA-LA,LA,LA-LA,LA…



CEIP Ana María Diéguez. Samaín 2010.
Letra: Alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Música: Adaptación de Nightmare before Christmas “This is Halloween”

miércoles, 28 de abril de 2010

Ao principio pensabamos que era moi difícil... pero con atención, interese e un pouco de práctica, conseguimos facer o Escatumbararibé!! A verdade é que non hai exercicio que se lles resista a estes rapaces de 6º.

Sen pasar o vaso


Pasando o vaso

viernes, 16 de abril de 2010

Hands Symphony



HANDS SYMPHONY

miércoles, 10 de marzo de 2010

Seredes quen de aprender isto??

jueves, 4 de marzo de 2010

A Marimba

É un instrumento de percusión, moi parecido ao xilófono. A súa orixe é descoñecida, xa que para algúns procede de África, para outros de Indonesia, e para outros, do Amazonas. O seu teclado está formado por placas de madeira, de diferentes tamaños, ordenados de maior a menor ( de grave a agudo). Estas placas de madeira precisan dunha caixa de resonancia que amplifique o son e unhas baquetas para poder percutilo. Nós, na aula, cando tocamos os instrumentos de placas, empregamos como moito, dúas baquetas, pero os percusionistas que tocan a marimba, chegan a empregar máis de unha en cada man. 

MARIMBA AFRICANA



MARIMBA DE ORQUESTRA






Xavier Blanco




"Xavier Blanco é traballador do Concello de Moaña como profesor de gaita onde dirixe a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais. Do seu traballo como investigador dan cumprida conta discos como A Gaita de Cana de Moaña, As Gaitas Troncais ou Os Instrumentos Pobres. Neles amosa a riqueza da nosa música tradicional. O seu concerto didáctico é unha mostra deste traballo de recuperación e das súas habilidades expresivas nas que nos permiten ver a un Xavier Blanco que canta e toca diferentes instrumentos e pezas nunha hora e media de auténtico goce para as persoas que se acheguen ao auditorio rianxeiro"

Podedes escoitar fragmentos da súa discografía neste enlace.




 queredes animarvos a construír instrumentos, visitade esta páxina tan chula.



domingo, 31 de enero de 2010

O NOSO FESTIVAL DE NADAL

Asa2música foi un dos nomes que o curso pasado propuxo unha alumna do noso cole (que agora xa está no instituto) para o noso blog da aula de música.
O mellor xeito de inaugurar este espazo, é a actuación dos nenos e das nenas do cole. Asegúrovos que traballaron moito. Aquí tedes o resultado: Espectacular!! sodes todos uns artistas.