miércoles, 20 de octubre de 2010

This is Halloween

Como estes últimos anos imos facendo no cole de Asados, na aula de música poñemos en marcha as nosas dotes creativas para compoñer a que será a nosa canción do Samaín. Este ano fixemos unha adaptación do musical de Tim Burton " Nightmare Before Christmas". Polo de agora deixamos a letra, porque aínda estamos ensaiando para o día da festa.


ISTO É SAMAÍN

Aquí chega o samaín
Outro ano xa está aquí
Moitos contos te asustarán
E co medo no corpo irás

As cabazas adornarás
Esta noite alumearán
Pesadelos para durmir
Todo isto é Samaín

Isto é Samaín, Isto é Samaín
Unha festa de medo e mortos
Isto é Samaín, é un día de terror
Samaín! Samaín! Samaín! Samaín!

Escoitade con atención
Sen terror non hai emoción
Xunto a ti eu son moi feliz
Asustándote en Samaín

Nesta escola que é meu fogar
Os difuntos vou celebrar
Este é un día moi especial
Todos xuntos imos berrar

Isto é Samaín, Isto é Samaín
Unha festa de medo e mortos
Isto é Samaín, é un día de terror
Samaín! Samaín! Samaín! Samaín!

LA,LA,LA-LA,LA,LA-LA,LA-LA,LA,LA-LA,LA…



CEIP Ana María Diéguez. Samaín 2010.
Letra: Alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Música: Adaptación de Nightmare before Christmas “This is Halloween”